15/3/11

PRESENTACIÓN DA REVISTA CORGA EN SARGADELOS

O Centro de Estudos do Corgo (CEC) realizou a presentación do número 1 da revista Corga, o mércores 2 de xuño de 2010, ás 20:00 h, na Sala que Sargadelos posúe na tenda de Santo Domingo, arroupados polos autores dos artigos que formaron parte da mesma e unha manchea de persoas interesadas.

A apertura do acto correu a cargo do Vicepresidente Primeiro da Deputación de Lugo, Antón Bao Abelleira. Logo a presidenta do CEC, Mª Consuelo Vázquez Castro, presentou o Centro de Estudos do Corgo, os seus fins e obxectivos e o labor que realiza. O secretario do CEC, Roberto Rodríguez Páramo presentou a revista Corga e en concreto o primeiro número. Por último o autor dun dos traballos que conformaron a revista, Mario Outeiro Iglesias, presentou o seu artigo: “Estudo das Sepulturas Antropoides Altomedievais".


Interventores na presentación da revista Corga en Sargadelos


A revista do CEC foi maquetada por Grafinco e ten como ISSN 2171-6013 e Depósito Legal LU 149-2010. O primeiro número sae cunha tiraxe de 750 exemplares e conta coa colaboración económica da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo.


Público asistente á presentación do número 1 da revista Corga