16/3/11

COÑECEMOS O CORGO IV

O sábado, 16 de abril de 2011, celebrarase o cuarto ciclo de conferencias arredor do concello do Corgo no Centro Sociocultural do Corgo ás 20:00 h. Nesta ocasión os relatorios serán:

  • Xosé Manuel CASTRO CASTEDO: “O galego en Queizán. Vocalismo, consonantismo e fonética sintáctica”.
  • Jesús ABUÍN ARIAS e Josefa GONZÁLEZ DÍAZ: “O pazo do corgo”.
  • José Luis GARROSA GUDE: “O traballo compilador de Francisco Vázquez Saco: as oracións de elaboración do pan e outras tradicións orais do Corgo”.
  • Mario OUTEIRO IGLESIAS: “Recollida do patrimonio inmaterial no Corgo: unha materia pendente”.

15/3/11

COÑECEMOS O CORGO III

O sábado, 2 de abril de 2011, o Centro de Estudos do Corgo coa colaboración de Arumes, organiza o terceiro ciclo de conferencias arredor do concello do Corgo no Centro Sociocultural do Corgo ás 20:00 h. En quendas de 15-20 minutos os temas a tratar son:

  • Javier GÓMEZ VILA: “O camiño real de acceso a Galicia e a súa pegada nas Terras do Corgo”.
  • Juan ORTIZ SANZ e Miguel Ángel PIÑEIRO GÓMEZ: “Catalogación de construcións rurais tradicionais. Os hórreos no concello do Corgo”.
  • José Manuel BLANCO PRADO: “O santuario da Virxe das Virtudes (Pedrafita)”.
Con esta exposición,e todo o traballo previo, os relatores poderán acadar a condición de Socio Numerario do Centro de Estudos do Corgo.

REVISTA CORGA Nº 1


ÍNDICE

E NACE O C.E.C...

Mario OUTEIRO IGLESIAS. Estudo das sepulturas antropoides altomedievais.

Mº Beatriz PÁRAMO IGLESIAS, Roberto RODRÍGUEZ PÁRAMO. Jota tres estrellas.

Javier GÓMEZ VILA. A vía romana no concello do Corgo.

Xosé Enrique CASANOVA SÁNCHEZ. Fórmulas de propiedade comunal dos montes do Corgo.

Laura FOUZ BACARIZA. As cifras do concello do Corgo. Análise xeográfica.

Rebeca FERNÁNDEZ ALONSO. Ánxel Fole e o concello do Corgo.

Alejandra PITA PARDO. A microtoponimia do concello do Corgo.

MEMORIA DE ACTIVIDADES DA A.C. ARUMES DO CORGO

NORMAS DE PUBLICACIÓN

PRESENTACIÓN DA REVISTA CORGA EN SARGADELOS

O Centro de Estudos do Corgo (CEC) realizou a presentación do número 1 da revista Corga, o mércores 2 de xuño de 2010, ás 20:00 h, na Sala que Sargadelos posúe na tenda de Santo Domingo, arroupados polos autores dos artigos que formaron parte da mesma e unha manchea de persoas interesadas.

A apertura do acto correu a cargo do Vicepresidente Primeiro da Deputación de Lugo, Antón Bao Abelleira. Logo a presidenta do CEC, Mª Consuelo Vázquez Castro, presentou o Centro de Estudos do Corgo, os seus fins e obxectivos e o labor que realiza. O secretario do CEC, Roberto Rodríguez Páramo presentou a revista Corga e en concreto o primeiro número. Por último o autor dun dos traballos que conformaron a revista, Mario Outeiro Iglesias, presentou o seu artigo: “Estudo das Sepulturas Antropoides Altomedievais".


Interventores na presentación da revista Corga en Sargadelos


A revista do CEC foi maquetada por Grafinco e ten como ISSN 2171-6013 e Depósito Legal LU 149-2010. O primeiro número sae cunha tiraxe de 750 exemplares e conta coa colaboración económica da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo.


Público asistente á presentación do número 1 da revista Corga

COÑECEMOS O CORGO

Dende o Centro de Estudos do Corgo decidimos bautizar a cada unha das exposicións de traballos para acadar o grao de socio/a numerario/a, como ciclo de relatorios "Coñecemos o Corgo". Despois dos dous primeiros ciclos podemos facer a valoración de que resultaron moi interesantes para o público asistente pola calidade dos contidos presentados e pola exposición dinámica e fluída dos relatores. Ao remate das exposicións, as persoas alí presentes tiveron a oportunidade de preguntar e comentar todas as dúbidas que lles xurdiron e os autores contestaron con moito interese de clarificar e resolver as inquedanzas do público.

A continuación expoñemos algunhas fot
ografías dos eventos:

Presentación do relatorio de Laura Fouz


Público asistente ao segundo ciclo de conferencias


Relatores dos ciclos de conferencias (e polo tanto os primeiros socios numerarios do CEC) co Vicepresidente Primeiro da Deputación de Lugo e o Alcalde do Corgo