12/12/12

PRESENTACIÓN DA REVISTA CORGA Nº3

No mes de Xullo de 2012 presentáronse no Centro Sociocultural do Corgo os artigos que forman parte do número 3 da revista Corga, editada polo Centro de Estudos do Corgo. Os artigos presentados e os seus autores foron os que seguen:




- Fernando Arribas presentou o artigo "Cruceiros e cruces no Concello do Corgo".
- "Etnorituais e ofrendas relixiosas a nivel popular en dúas comunidades do Corgo: Anseán e Castrillón" de José Manuel Blanco Prado.
- "A fervenza. Reserva da biosfera." De Xosé Enrique Casanova Sánchez.
-"Os teleclubs do concello do Corgo (1967-1984): Unha achega inicial", de Juan José García Rodicio.
- "Léxico do Galego de Queizán", de Xosé Manuel Castro Castedo.
- "Debuxos do río Chamoso" de Jesús Iglesias Jiménez.
- "Os escudos no concello do Corgo" de Jesús Abuín Arias e Josefa González Díaz. 
- "As divindades da auga na provincia de Lugo: A fonte das Virtudes",  Javier Gómez Vila. 
- "A vella estrada xeral entre o Padornelo e Lugo" de Jaime F. López Arias.



O día 20 de setembro de 2012,na galería Sargadelos de Lugo presentouse este novo número da revista Corga. Interviron, Consuelo Vázquez Castro, presidenta do Centro de Estudos de Corgo, que fixo un resumo dos obxectivos que persigue o CEC e das actividades que desenvolve dito Centro de Estudos; Mario Outeiro, Deputado Provincial, representando a Vicepresidencia 1ª da Deputación, Área de cultura e deportes, versou sobre a importancia deste colectivo na dinamización e divulgación cultural no medio rural, neste caso, do Corgo e Jaime Félix López Arias, autor do traballo, “A  vella estrada xeral entre  o Padornelo e Lugo”, realizou unha recensión do seu ártigo.