Mostrando entradas con la etiqueta traballos investigación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta traballos investigación. Mostrar todas las entradas

16/4/11

4º EXPOSICIÓN DE TRABALLOS

O Centro de Estudos do Corgo (CEC) organizou hoxe, sábado, unha xornada de relatorios sobre o concello do Corgo. No centro sociocultural, ás 20:00 e co apoio económico da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e do Concello do Corgo e coa colaboración da Asociación Cultural Arumes do Corgo desenvolvéronnse os seguintes relatorios:

- Xosé Manuel CASTRO CASTEDO:
“O galego en Queizán. Vocalismo, consonantismo e fonética sintáctica”.


- Jesús ABUÍN ARIAS e Josefa GONZÁLEZ DÍAZ: “O pazo do corgo”.


- José Luis GARROSA GUDE: “O traballo compilador de Francisco Vázquez Saco: as oracións de elaboración do pan e outras tradicións orais do Corgo”.


- Mario OUTEIRO IGLESIAS: “Recollida do patrimonio inmaterial no Corgo: unha materia pendente”.


Os traballos foron aprobados polo Comité Científico e polos socios do Centro de Estudos do Corgo polo que supoñen a incorporación como socios numerarios da entidade aos catro primeiros relatores (Mario Outeiro Iglesias é socio numerario dende hai 1 ano e este traballo representa o segundo publicado).

Ao final da presentación o público asistente tivo a oportunidade de interaccionar cos relatores preguntando tanto cuestións sobre o resultado dos seus estudos como do procedimento para levalos a cabo.


Na foto aparecen de esquerda a dereita:
  1. Mario OUTEIRO IGLESIAS (relator)
  2. Josefa GONZÁLEZ DÍAZ (relatora)
  3. Jesús ABUÍN ARIAS (relator)
  4. Xosé Manuel CASTRO CASTEDO (relator)
  5. José Luis GARROSA GUDE (relator)
  6. Mª Consuelo VÁZQUEZ CASTRO (presidenta do CEC)

5/4/11

3º EXPOSICIÓN DE TRABALLOS

O sábado, 2 de abril de 2011, no Centro Sociocultural do Corgo, ás 20:00 h, o Centro de Estudos do Corgo celebrou o ciclo de relatorios denominado "Coñecemos O Corgo III".

As exposicións de traballos prolongaranse durante o mes de abril e serviaralles aos relatores para a adquisición da condición de socios/as numerarios do Centro de estudos do Corgo (CEC).

Con intervencións breves, de 20-30 minutos, os relatores conseguiron crear ao final do acto un coloquio sobre as temáticas tratadas no que participou todo o público asistente.



O programa de presentación de traballos foi o seguinte:

• Javier GÓMEZ VILA: “O camiño real de acceso a Galicia e a súa pegada nas Terras do Corgo”.



• Juan ORTIZ SANZ e Miguel Ángel PIÑEIRO GÓMEZ: “Catalogación de construcións rurais tradicionais. Os hórreos no concello do Corgo”.



• José Manuel BLANCO PRADO: “O santuario da Virxe das Virtudes (Pedrafita)”.



O Ciclo de conferencias "Coñecemos O Corgo III" e "Coñecemos O Corgo IV" (a desenvolver o sábado, 16 de abril de 2011) conta coa colaboración da A.C. Arumes do Corgo, a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e o Concello do Corgo.

16/3/11

COÑECEMOS O CORGO IV

O sábado, 16 de abril de 2011, celebrarase o cuarto ciclo de conferencias arredor do concello do Corgo no Centro Sociocultural do Corgo ás 20:00 h. Nesta ocasión os relatorios serán:

  • Xosé Manuel CASTRO CASTEDO: “O galego en Queizán. Vocalismo, consonantismo e fonética sintáctica”.
  • Jesús ABUÍN ARIAS e Josefa GONZÁLEZ DÍAZ: “O pazo do corgo”.
  • José Luis GARROSA GUDE: “O traballo compilador de Francisco Vázquez Saco: as oracións de elaboración do pan e outras tradicións orais do Corgo”.
  • Mario OUTEIRO IGLESIAS: “Recollida do patrimonio inmaterial no Corgo: unha materia pendente”.

15/3/11

COÑECEMOS O CORGO III

O sábado, 2 de abril de 2011, o Centro de Estudos do Corgo coa colaboración de Arumes, organiza o terceiro ciclo de conferencias arredor do concello do Corgo no Centro Sociocultural do Corgo ás 20:00 h. En quendas de 15-20 minutos os temas a tratar son:

  • Javier GÓMEZ VILA: “O camiño real de acceso a Galicia e a súa pegada nas Terras do Corgo”.
  • Juan ORTIZ SANZ e Miguel Ángel PIÑEIRO GÓMEZ: “Catalogación de construcións rurais tradicionais. Os hórreos no concello do Corgo”.
  • José Manuel BLANCO PRADO: “O santuario da Virxe das Virtudes (Pedrafita)”.
Con esta exposición,e todo o traballo previo, os relatores poderán acadar a condición de Socio Numerario do Centro de Estudos do Corgo.

16/4/10

PRESENTACIÓN DE TRABALLOS PARA ADQUISICIÓN DA CONDICIÓN DE SOCIO/A NUMERARIO/A

O sábado, 17 de abril de 2010, ás 19:45 h no Centro Sociocultural do Corgo realizarase a presentación dos primeiros traballos de investigación co fin de acadar a condición de socio/a numerario/a. Cunha duración aproximada de 15-20 min, o programa de conferencias é o seguinte:

- Mario OUTEIRO IGLESIAS: Estudo das sepulturas antropoides altomedievais.
- Xosé Enrique CASANOVA SÁNCHEZ: Fórmulas de propiedade comunal dos montes do Corgo.
- Laura FOUZ BACARIZA: As cifras do concello do Corgo. Análise xeográfica.

A presentación de traballos continuará o seguinte sábado, 24 de abril de 2010, ás 19:45 h no Centro Sociocultural do Corgo. Os traballos a presentar son:

- Mº Beatriz PÁRAMO IGLESIAS e Roberto RODRÍGUEZ PÁRAMO: Jota tres estrellas.
- Javier GÓMEZ VILA: A vía romana no concello do Corgo.
- Rebeca FERNÁNDEZ ALONSO: Ánxel Fole e o concello do Corgo.
- Alejandra PITA PARDO: A microtoponimia do concello do Corgo.