16/4/11

4º EXPOSICIÓN DE TRABALLOS

O Centro de Estudos do Corgo (CEC) organizou hoxe, sábado, unha xornada de relatorios sobre o concello do Corgo. No centro sociocultural, ás 20:00 e co apoio económico da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e do Concello do Corgo e coa colaboración da Asociación Cultural Arumes do Corgo desenvolvéronnse os seguintes relatorios:

- Xosé Manuel CASTRO CASTEDO:
“O galego en Queizán. Vocalismo, consonantismo e fonética sintáctica”.


- Jesús ABUÍN ARIAS e Josefa GONZÁLEZ DÍAZ: “O pazo do corgo”.


- José Luis GARROSA GUDE: “O traballo compilador de Francisco Vázquez Saco: as oracións de elaboración do pan e outras tradicións orais do Corgo”.


- Mario OUTEIRO IGLESIAS: “Recollida do patrimonio inmaterial no Corgo: unha materia pendente”.


Os traballos foron aprobados polo Comité Científico e polos socios do Centro de Estudos do Corgo polo que supoñen a incorporación como socios numerarios da entidade aos catro primeiros relatores (Mario Outeiro Iglesias é socio numerario dende hai 1 ano e este traballo representa o segundo publicado).

Ao final da presentación o público asistente tivo a oportunidade de interaccionar cos relatores preguntando tanto cuestións sobre o resultado dos seus estudos como do procedimento para levalos a cabo.


Na foto aparecen de esquerda a dereita:
  1. Mario OUTEIRO IGLESIAS (relator)
  2. Josefa GONZÁLEZ DÍAZ (relatora)
  3. Jesús ABUÍN ARIAS (relator)
  4. Xosé Manuel CASTRO CASTEDO (relator)
  5. José Luis GARROSA GUDE (relator)
  6. Mª Consuelo VÁZQUEZ CASTRO (presidenta do CEC)