15/3/11

PRESENTACIÓN DA REVISTA CORGA EN SARGADELOS

O Centro de Estudos do Corgo (CEC) realizou a presentación do número 1 da revista Corga, o mércores 2 de xuño de 2010, ás 20:00 h, na Sala que Sargadelos posúe na tenda de Santo Domingo, arroupados polos autores dos artigos que formaron parte da mesma e unha manchea de persoas interesadas.

A apertura do acto correu a cargo do Vicepresidente Primeiro da Deputación de Lugo, Antón Bao Abelleira. Logo a presidenta do CEC, Mª Consuelo Vázquez Castro, presentou o Centro de Estudos do Corgo, os seus fins e obxectivos e o labor que realiza. O secretario do CEC, Roberto Rodríguez Páramo presentou a revista Corga e en concreto o primeiro número. Por último o autor dun dos traballos que conformaron a revista, Mario Outeiro Iglesias, presentou o seu artigo: “Estudo das Sepulturas Antropoides Altomedievais".


Interventores na presentación da revista Corga en Sargadelos


A revista do CEC foi maquetada por Grafinco e ten como ISSN 2171-6013 e Depósito Legal LU 149-2010. O primeiro número sae cunha tiraxe de 750 exemplares e conta coa colaboración económica da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo.


Público asistente á presentación do número 1 da revista Corga

COÑECEMOS O CORGO

Dende o Centro de Estudos do Corgo decidimos bautizar a cada unha das exposicións de traballos para acadar o grao de socio/a numerario/a, como ciclo de relatorios "Coñecemos o Corgo". Despois dos dous primeiros ciclos podemos facer a valoración de que resultaron moi interesantes para o público asistente pola calidade dos contidos presentados e pola exposición dinámica e fluída dos relatores. Ao remate das exposicións, as persoas alí presentes tiveron a oportunidade de preguntar e comentar todas as dúbidas que lles xurdiron e os autores contestaron con moito interese de clarificar e resolver as inquedanzas do público.

A continuación expoñemos algunhas fot
ografías dos eventos:

Presentación do relatorio de Laura Fouz


Público asistente ao segundo ciclo de conferencias


Relatores dos ciclos de conferencias (e polo tanto os primeiros socios numerarios do CEC) co Vicepresidente Primeiro da Deputación de Lugo e o Alcalde do Corgo

16/4/10

PRESENTACIÓN DE TRABALLOS PARA ADQUISICIÓN DA CONDICIÓN DE SOCIO/A NUMERARIO/A

O sábado, 17 de abril de 2010, ás 19:45 h no Centro Sociocultural do Corgo realizarase a presentación dos primeiros traballos de investigación co fin de acadar a condición de socio/a numerario/a. Cunha duración aproximada de 15-20 min, o programa de conferencias é o seguinte:

- Mario OUTEIRO IGLESIAS: Estudo das sepulturas antropoides altomedievais.
- Xosé Enrique CASANOVA SÁNCHEZ: Fórmulas de propiedade comunal dos montes do Corgo.
- Laura FOUZ BACARIZA: As cifras do concello do Corgo. Análise xeográfica.

A presentación de traballos continuará o seguinte sábado, 24 de abril de 2010, ás 19:45 h no Centro Sociocultural do Corgo. Os traballos a presentar son:

- Mº Beatriz PÁRAMO IGLESIAS e Roberto RODRÍGUEZ PÁRAMO: Jota tres estrellas.
- Javier GÓMEZ VILA: A vía romana no concello do Corgo.
- Rebeca FERNÁNDEZ ALONSO: Ánxel Fole e o concello do Corgo.
- Alejandra PITA PARDO: A microtoponimia do concello do Corgo.

28/1/10

MODIFICACIÓN DO RRI

O día 27 de xaneiro de 2010 aprobouse por unanimidade dos socios, en Asemblea Xeral Extraordinaria, modificar o artigo 43 do Regulamento de Réxime Interno (RRI), que rexe a extensión dos traballos.

Prema nos seguintes enlaces para ver o novo RRI, así como as normas de admisión e publicación derivadas do mesmo:

20/1/10

O C.E.C. CONTRA O DECRETAZO DO GALEGO

O Centro de Estudos do Corgo é unha entidade creada co fin de traballar en prol da cultura e do patrimonio do concello do Corgo e en xeral de Galiza. Como sabedes é a lingua galega a obra colectiva de maior riqueza do noso Pobo, e polo tanto obxecto de promoción pola nosa Asociación.

O C.E.C., como parte integrante da Plataforma QUEREMOS GALEGO apoia todas cantas accións realice este colectivo en favor da lingua e en especial a folga xeral no ensino (día 21 de xaneiro de 2010) con todas as concentracións paralelas contra o borrador do Decreto que pretende poñer a lápida ao noso máis prezado ben.

A XUNTA DIRECTIVA


30/11/09

EXCURSIÓN Á RIBEIRA SACRA, KM 0 (MARTES, 1 DE DECEMBRO DE 2009)

Saída ás 9:15 h en fronte do Centro Sociocultural do Corgo. Visita ao Pazo de San Marcos (recepción no salón de actos da Deputación), obradoiro no Centro de Artesanía e Deseño e excursión pola Ribeira Sacra (adega, Proendos, miradoiro de cadeiras) onde realizaremos o xantar. Chegada aproximada ás 20:30 h.

ESTA ACTIVIDADE REALÍZASE CONXUNTAMENTE COA ASOCIACIÓN CULTURAL ARUMES DO CORGO

16/7/09

FAITE SOCIO E COLABORA

O concello do Corgo precisa de xente inqueda intelectualemente e disposta a traballar, investigando ou compartindo traballos xa feitos, de múltiples temáticas cun mesmo denominador, O Corgo e a súa contorna.

Anímate a integrarte no Centro de Estudos do Corgo!!!

Se queres saber como facelo, preme no seguinte enlace:

Normas de admisión e publicación (modificadas o 27 de xaneiro de 2010)

A continuación tes toda a documentación precisa para facelo: